O CCA de Carballo lanza a campaña “Ao sol que máis rasca” para dinamizar o comercio local este verán

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo pon en marcha durante todo o mes de xullo a campaña estival “Ao sol que máis rasca”, unha iniciativa que busca incentivar as compras no comercio local a través dunha proposta lúdica e refrescante baseada en boletos “rasca e gaña”, que foi presentada esta mesma mañá pola presidenta da entidade Silvana Rama; o secretario Sergio Soneira e a vogal Belén Porteiro. No acto, tamén estivo presente o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela.

A campaña, deseñada para reforzar a fidelización da clientela e dinamizar a actividade comercial durante un dos períodos de maior afluencia turística, conxuga a oferta de premios directos, descontos exclusivos e experiencias vinculadas ao verán. Os consumidores recibirán un boleto por cada compra superior a 20€ realizada entre o 16 e o 27 de xullo (ambos incluídos) en calquera dos 53 establecementos adheridos, podendo optar a diferentes premios que se poderán trocar en días específicos.

Entre os agasallos que inclúe a campaña destacan produtos promocionais como camisetas, botellas de auga, parasois, bolsas de tea ou neceseres; vales de compra e experiencias de lecer como almorzos, ceas, clases de surf e tratamentos estéticos.

O troco dos premios realizarase o sábado 19 e o domingo 27 de xullo, de 11 a 14 horas, coincidindo a xornada dominical coa feira de Carballo, nunha carpa instalada na rúa Coruña. Esta elección non é casual, xa que busca aproveitar a gran afluencia de visitantes e fomentar o consumo durante as xornadas feirais.

A través desta campaña, o CCA de Carballo pretende dar maior visibilidade ao comercio de proximidade, promovendo a interacción directa entre establecementos e clientela mediante accións tanto presenciais como dixitais.

A iniciativa “Ao sol que máis rasca” súmase así á estratexia do CCA de crear experiencias de compra atractivas, apostando pola dinamización económica e o apoio ao tecido comercial carballés, especialmente nestes meses de verán.

Comercios participantes

A Saia da Carolina Store, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera Sport, Barbería-perruquería Beni, BeCool, Benetton, Bio Salón Mesturas, Buy&Sell, Calzados Susa, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip Carballo, donClip.es, DV Carballo, Ekate, Emiliano moda, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, holaMOBI, Informática Valem, Interfilm, Jorge Moda, Joyería Rafa Vila, La casita de Lu, Lencería Mª José, Maker Store by Allnet, Maluca Lobe, Merliño xoguetería, MisterNutrición, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Necos, O Barco dos Soños, Oro Express, Purificación Lema Centro de estética, Refugallo Zero, Retoños, Sastrería Miguel, Teirón, Teirón muller, Teirón nenos, Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Vessali Joyería, Zapatillería Is abel e Zocas.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.