No CCA saímos de compras coa gañadora do premio da campaña de verán, valorado en 1.000 euros

En que gastarías un cheque-regalo de 1.000 euros? Unha escapada romántica, unha viaxe coa familia, algún capricho? Quen o tivo moi claro foi a gañadora do premio da campaña de verán, organizada polo Centro Comercial Aberto de Carballo, e valorado exactamente nese importe. Margarita Remuiñán Gabín, veciña do municipio, escolleu a xornada de feira celebrada onte na capital de Bergantiños para consumir a totalidade do seu bono realizando diversas compras nos establecementos comerciais adheridos ao CCA e seguindo os tres requisitos establecidos nas bases de participación: mercar, como mínimo, en cinco comercios asociados; realizar compras inferiores a 500€ en cada un e non exceder o tempo máximo concedido de dúas horas. E vaia se o fixo!

Ás 11:00 horas, acompañada da súa familia e en presenza da xerente de entidade Mari Carmen Freire, a afortunada iniciou o seu particular percorrido visitando, en primeiro lugar, o comercio no que depositara a papeleta premiada, a tenda de moda infantil Mundo Kids, onde aproveitou para mercar algunhas prendas de roupa para as máis pequenas da casa. O seguinte destino tamén estaba máis que decidido “porque son cousas de bastante importe, que necesitamos e sempre imos deixando”, comentaba mentres se dirixía a Start Center e Establecimientos Marcial para adquirir diversos electrodomésticos para o fogar. Outras das tendas escollidas foron TodoLar e Cristina Morgade, nas que completou, en apenas unha hora, a súa lista de desexos comprando varios utensilios de cociña. Outras das súas peticións que, por suposto, tamén lle foi concedida foi a de realizar a pé todos os seus desprazamentos a diferenza de edicións pasadas nas que se teñen empregado carruaxe de cabalos e coches clásicos.

E ti, xa sabes en que investirías o teu premio? Pois se queres converterte en gañador/a dalgunha das nosas campañas, non perdas de vista a nosa web e redes sociais, nas que moi pronto anunciaremos todas as sorpresas e novidades da próxima temporada. Mentres tanto, segue mercando no comercio local e apostando por un consumo responsable e de proximidade. Por confianza, por seguridade e porque sempre, sempre TOCA!

 

Compartir artigo

Artigos relacionados

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.