Menos bolsas, máis vida

Menos bolsas, máis vida

A partires do 1 de xullo deberán cobrarse as bolsas de plástico

A partires do 1 de xullo de 2018 está prohibida a entrega de balde aos consumidores de bolsas de plástico nos puntos de venda de bens ou produtos, polo que os comerciantes deberán cobrar un prezo por cada bolsa de plástico entregada. Quedan exceptuadas deste cobro:

  • As bolsas de plástico moi lixeiras (menos de 15 micras que son necesarias por razóns de hixiene ou que se suministran como envase primario para alimentos a granel como froita, legumes, carne e pescado entre outros). Se estas bolsas non son utilizadas para este uso, sí deberá cobrarse.
  • As bolsas de plástico con espesor igual ou superior a 50 micras cunha porcentaxe igual ou maior ao 70% de plástico reciclado. Neste caso, os comerciantes deberán dispor dun documento proporcionado polo fabricante que acredite esta porcentaxe. Ademais, se o comerciante quere, poderá solicitar ao fabricante que marcara a bolsa con esta porcentaxe.

¿Que prezo deben cobrar os comerciantes?

O prezo de cada bolsa de plástico fíxao o comerciante, pero poderá tomar como orientación os prezos establecidos no anexo I do Real Decreto que di:

  • Bolsas de espesor inferior a 15 micras destinadas a usos diferentes dos enumerados na definición de bolsas moi lixeiras: 5 céntimos de euro/bolsa.
  • Bolsas de espesor comprendido entre as 15 e as 49 micras: 15 céntimos de euro/bolsa.
  • Bolsas de espesor igual ou superior a 50 micras: 15 céntimos de euro/bolsa.
  • Bolsas de espesor igual ou superior a 50 micras con contido igual ou superior a 50% de plástico reciclado, pero inferior ao 70%: 10 céntimos de euro/bolsa.

O comerciante debe informar aos consumidores dos prezos establecidos, expoñéndoos ao público nun lugar visible e incluíndo unha referencia ao cumplimento do artigo 4.1. do Real Decreto.

¿Queres máis info? Preme aquí.

No #CCA apoiamos o uso de bolsas de papel. Comercios como Alonso Moda, Xoiería Calvelo, Para ti Cosméticos e donCLIC xa as utilizan. E ti? Recorda: Menos bolsas, máis vida. 

Compartir artigo

Artigos relacionados

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.