Entregados os seis cheques-compra aos gañadores da campaña de Samaín “Truco ou trato?”

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo fixo entrega este venres, 7 de novembro, ás 19.30 horas, dos cheques-compra aos seis gañadores do sorteo da campaña de Samaín “Truco ou trato?”. O acto celebrouse na tenda de moda infantil Teirón, situada na rúa Valle Inclán.

Os premiados —Ana Belén García Tasende, Jessica Varela Abelenda, Sandra Brandón Varela, Noelia Canedo Rodríguez, Carlos Baldomir Sánchez e Sandra Tarrío Rodríguez— recibiron un cheque de 50 euros para gastar nos máis de 95 establecementos asociados ao CCA Carballo.

Durante a campaña, desenvolvida entre o 20 e o 31 de outubro, foron moitos os nenos e nenas que gozaron buscando as letras agochadas nos 38 escaparates participantes, unha actividade que lles fixo moita ilusión, ao igual que aos pais e nais que onte recibiron con alegría o momento da recollida dos premios.

Desde o CCA Carballo queremos agradecer a boa acollida desta campaña entre a veciñanza, así como a implicación de todos os comercios adheridos, e a colaboración unha vez máis da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Moitas grazas a todos e vémonos no Nadal, con máis sorpresas, moitas novidades e moitos premios!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.