Entregados os cheques da campaña “Que rule, que rule!”

Cinco persoas foron premiadas con vales de 100 euros pola súa participación na iniciativa a prol do comercio local

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo fixo entrega o pasado venres dos cinco cheques-regalo da campaña “Que rule, que rule!”, celebrada o sábado 7 de xuño na Praza do Concello. O secretario da asociación, Sergio Soneira, representante do establecemento Buy&Sell, foi o encargado de facer entrega dos vales, premiados con 100 euros cada un, ás persoas gañadoras.

Nesta edición, a ruleta instalada polo CCA superou as 1.500 voltas ao longo da xornada, agasallando a todas as persoas que se achegaron polos seus consumos no comercio local. A acción, que xa se consolidou como unha cita destacada na axenda de dinamización comercial da vila, contou un ano máis cunha ampla participación e cun ambiente festivo na praza. Desde o CCA queremos destacar e agradecer a colaboración desinteresada de todas as empresas e establecementos comerciais e hostaleiros que fixeron posible esta choiva de premios grazas ás súas doazóns.

Os premiados, todos residentes en Carballo, foron: Óscar Vázquez Abelenda, Mario José Ferreiro, Ana Abel Vázquez, María del Sol Seijas e José Manuel García. A súa fidelidade co comercio de proximidade e á iniciativa promovida polo CCA tivo recompensa, tal e como destacou Soneira durante o acto de entrega. “Campañas coma esta son unha maneira de agradecer á clientela a súa confianza e, ao mesmo tempo, de visibilizar a vitalidade e variedade do noso comercio local”, sinalou.

Con esta campaña, o CCA de Carballo continúa a súa aposta pola dinamización da economía local, fomentando o consumo consciente e de proximidade mediante accións atractivas para a veciñanza. Moitas grazas a todos/as por participar. Vémonos na seguinte edición!!

 

Compartir artigo

Artigos relacionados

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.