CCA e FIOT únense para impulsar o teatro e dinamizar o comercio local repartindo entre os consumidores 400 bolsas conmemorativas do festival  

Para conseguir un exemplar será necesario presentar os comprobantes de compra do día na carpa instalada na rúa Coruña o domingo 13 e o 27

En Carballo, outubro é sinónimo de teatro, de cultura e de vida. Un ano máis, a nosa vila convértese no epicentro das artes escénicas de Galicia coa chegada do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que nesta ocasión contará cun novo aliado: o Centro Comercial Aberto (CCA). FIOT e CCA únense para dinamizar a vida cultural e comercial da vila, potenciando a simbiose entre teatro e comercio local.

Durante o mes de outubro, o comercio carballés sumarase a esta celebración distribuíndo de forma gratuíta 400 bolsas de deseño exclusivo, que levarán impresa a imaxe da 33ª edición do FIOT, coa finalidade de contribuír á difusión do festival entre a veciñanza e os/as visitantes.

Desde o CCA queremos facer da experiencia de compra dos nosos clientes algo máis enriquecedor. Por iso, todas as compras superiores a 30€, realizadas o domingo 13 e 27 deste mes nos establecementos adheridos ao CCA carballés terán como premio unha bolsa conmemorativa do FIOT.  Para conseguila, só haberá que achegarse á carpa que o CCA terá instalada na rúa Coruña, de 11.00 a 14.00 horas, e presentar o xustificante(s) de pago dese mesmo día. Cada domingo repartiranse 200 bolsas ata fin de existencias.

Pola súa banda, o presidente do Centro Comercial Aberto, Carlos Cousillas, manifestou que “con esta iniciativa queremos ofrecer unha experiencia única aos nosos clientes premiando a súa fidelidade e aposta pola cultura, o teatro e o comercio local. Vémonos nos comercios e no FIOT!”.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.