Coincidendo coa época estival dá comezo a tradicional campaña de verán.

Esta campaña desenvolverase entre os días 2 de maio e 31 de agosto.
Os clientes dos establecementos asociados recibirán papeletas con cada compra que deberán cumplimentar para participar nos sorteos previstos para os días: 2 de xuño, 7 de xullo, 4 de agosto e 15 de setembro de 2017.
Nesta edición sortearanse tres premios de 200 € e dous premios, por valor de 1.000 € cada un, que o afortunado/a poderá canxear por produtos en calquera establecemento adherido ao CCA.
As bases de participación establecen as seguintes condicións para os/as gañadores/as dos premios de 1.000 €:
– O premio deberá consumirse en 1 hora. Se durante o tempo establecido non se consumise todo o valor do premio a parte non consumida perderá o seu valor
– O afortunado/a deberá consumir o premio en cinco establecementos como mínimo.
– A contía consumida en cada establecemento non será en ningún caso igual ou superior a 500 €.