Magnífico resultado do XIV desfile do CCA Carballo

Coa colaboración de 70 modelos afeccionados, de entre 4 e 77 anos, as propostas de moda para outono-inverno convertíronse nunha auténtica festa. Baixo carpa, na rúa Alcalde Jacinto Amigo Lera desenvolviuse o desfile de moda outono-inverno 2016. Nel participaron 13 establecementos que nos presentaros as tendencias en vestido, calzado, xoiería, complementos, estética e beleza, …. […]

CCA Carballo convoca un casting de modelos.

Coa finalidade de seleccionar nenos, nenas, mozos, mozas, homes e mulleres, afeccionados/as, para participar na XIV “pasarela CCA Carballo”. O próximo día 9 de setembro terá lugar o casting para seleccionar aos/ás modelos afeccionados que colaborarán co Centro Comercial Aberto Carballo no desfile de moda que se celebrará o próximo 1 de outubro. Todos os […]

VIII Edición da feira das oportunidades

Celebrarase os días 12 e 13 de marzo no parque do Rego da Balsa. Os 470 m2 de stand habilitados baixo a carpa onde se desenvolverá a VIII edición da Feira das Oportunidades de Carballo estarán ocupados por 29 establecementos, todos eles asentados en Carballo e que ofrecen un mix do máis variado. A moda, […]

Entregado un dos premios da campaña de nadal.

A papeleta premiada correspóndese co número 22.654 correspondente ao primeiro premio do sorteo da lotería de Reis. A carballesa Vanesa Villar Lema recibiu os 1.000 € en cheques compra correspondentes ao premio de mans do presidente do CCA Carballo Jaime Viqueira Becerra. A papeleta afortunada foi despachada na zapatería infantil Kioba.

Bo Nadal!!!

A todos os nosos clientes, asociados e a cantos colaboran no desenvolvemento da nosa actividade desexámoslle un bo nadal e un venturoso 2016.  

Magnífico resultado do XIII desfile do CCA Carballo

Coa colaboración de 101 modelos afeccionados, de entre 3 e 75 anos, as propostas de moda para outono-inverno convertironse nunha auténtica festa. Ao aire libre, na rúa Alcalde Jacinto Amigo Lera desenvolviuse o desfile de moda outono-inverno 2015. Nel participaron 16 establecementos que nos presentaros as tendencias en vestido, calzado, complementos, estética e beleza, …. […]

Comeza a campaña de volta ao cole no CCA Carballo

Sortearanse cinco tarxetas regalo de 200 €, cadansúa, e estará en marcha os meses de setembro e outubro. O Centro Comercial Aberto Carballo pon en marcha a 13ª campaña de “volta ao cole”. Como cada ano esta promoción iníciase co curso escolar. Lévase a cabo durante os meses de setembro e outubro. Os establecementos asociados […]