O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O acto de entrega celebrouse este mércores coa participación das cinco persoas gañadoras do sorteo entre os nove participantes que lograron completar o panel

O Centro Comercial Aberto de Carballo entregou este mércores 30 as cinco tabletas de 10 polgadas sorteadas como premio final da campaña «A voltas co cole», unha iniciativa que se desenvolveu entre o 18 de agosto e o 18 de setembro en 22 establecementos asociados.

As gañadoras —Raquel Rosende Pereira, Sasha Castagnin, Verónica Fernández Lois, Lorena Lema Busto e Beatriz González Vieites— recibiron os seus premios nun acto no que participou Otilia Fornis, vogal da entidade e representante de Informática Valem, establecemento colaborador no desenvolvemento da campaña.

Cada unha das premiadas levou unha tableta de 10 polgadas, con 4 GB de memoria RAM e 128 GB de almacenamento interno, valorada en 130 euros.

No sorteo,  celebrado o pasado 25 de setembro en Buy&Sell e retransmitido en directo a través do perfil de Instagram do CCA Carballo, participaron as nove persoas que conseguiron completar o panel de «A voltas co cole» durante as dúas xornadas de xogo celebradas na Praza do Concello, os días 4 e 18 de setembro. Ademais da posibilidade de optar ao premio final, cada participante que conseguiu o pleno recibiu no momento un cheque de 50 euros. Estes vales, que algunhas das persoas gañadoras xa destinaron a facer fronte a parte dos gastos relacionados coa volta ás aulas, poderán utilizarse ata mediados de outubro nos máis de 100 establecementos asociados ao CCA.

A presidenta do CCA Carballo, Silvana Rama, destacou a resposta recibida durante toda a campaña e o carácter familiar da proposta. «Estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo esta segunda edición. Conseguimos combinar promoción do comercio local, premios e unha actividade pensada para compartir en familia, ao tempo que axudamos a aliviar parte dos gastos que supón a volta ás aulas», sinalou.

As cinco persoas gañadoras son residentes en Carballo, agás unha das acertantes, procedente de Leiloio, no concello de Malpica de Bergantiños, o que pon tamén de manifesto o alcance da campaña máis alá do propio municipio.

«A voltas co cole» contou coa participación de 22 comercios asociados e incluíu, ademais do xogo do panel e o sorteo das tabletas, numerosos premios directos, entre eles material escolar, agasallos, descontos, entradas de cine e outros vales.

Desde o CCA Carballo agradecen a todas as persoas que participaron na campaña e aos comercios asociados implicados e felicitan ás gañadoras polos premios conseguidos.

Esta campaña está cofinanciada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.