Tras o éxito da primeira xornada, este venres 19 chega a segunda cita de “A voltas co cole”

Ademais de artigos para o cole ou descontos en comercios, haberá entradas para o cine e as camas elásticas, sesións de surf, cheques-compra e o sorteo de cinco tabletas

Tras o éxito acadado o pasado 5 de setembro, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo celebrará mañá, venres 19, a segunda entrega de A voltas co cole, un xogo familiar que combina diversión, participación cidadá e apoio ao comercio local.

A actividade desenvolverase na Praza do Concello, en horario de 17.00 a 20.00 horas, e en caso de choiva a actividade adiarase (pendente confirmar nova data). A mecánica do xogo é sinxela e accesible para todos os públicos: por cada compra realizada nos establecementos participantes ata o 19 de setembro, os consumidores recibirán un vale de participación que lles dá dereito a cinco intentos para descubrir as fichas ocultas nun gran panel de coordenadas. Dependendo do número de acertos, os xogadores poden obter premios de consolación, agasallos directos/experiencias e mesmo cheques de 50 € para gastar no comercio local, ademais de participar no sorteo de cinco tabletas de 10 pulgadas.

Na primeira xornada, celebrada o día 5, entregáronse numerosos premios e foron moitas as familias que conseguiron facer pleno, levando así cheques de compra por valor de 50 € e garantindo ademais o seu acceso ao sorteo final das cinco tabletas de 10’’ (4 GB RAM, 128 GB ROM), que terá lugar o vindeiro venres 26,  ás 21.00 horas, e poderá seguirse en directo a través do Instagram do CCA.

Con esta iniciativa, o CCA de Carballo busca premiar a fidelidade da clientela e dinamizar as compras de volta ao cole, ao tempo que se crea un espazo de lecer compartido no corazón da vila.

En total, vinteseis comercios adheridos ao CCA Carballo participan nesta campaña: Atmósfera Sport, Avanty Publicidad, Benetton, Calzados Susa, Clarión Libraría, Clínica dental Pico Blanco, Dequip Carballo, donClip.es, Federópticos Nicolás, La casita de Lu, Lencería Mª José, Maluca Lobe, Merliño xoguetería, Mmmm!Xeados, Necos, O barco dos soños, Opticalia Enríquez, Pombo fotógrafo, Refugallo Zero, Retoños, Sweet Spirit, Teirón, Todo Lar, Upa!Espazo barefoot, Zapatillería Isabel e Zocas.

Desde o CCA animamos a toda a veciñanza e visitantes a achegarse mañá pola tarde á Praza do Concello para gozar dunha nova tarde de retos, premios e diversión en familia.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Este Black Friday, merca en Carballo e gaña cheques de 50 euros

Asinado un convenio de colaboración con Rétif para ofrecer vantaxes exclusivas aos comercios asociados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Este Black Friday, merca en Carballo e gaña cheques de 50 euros

Asinado un convenio de colaboración con Rétif para ofrecer vantaxes exclusivas aos comercios asociados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.