O CCA de Carballo entrega os cheques aos gañadores da campaña do Día da Nai

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo fixo entrega o pasado venres os tres cheques-regalo correspondentes á campaña especial do Día da Nai, unha iniciativa pensada para premiar a fidelidade das persoas que apostan polo comercio local para celebrar estas datas tan sinaladas.

Nesta ocasión, os cheques —valorados en 100 euros cada un— foron entregados aos tres gañadores do sorteo que, aínda que non residen en Carballo, decidiron facer as súas compras nos establecementos adheridos ao CCA, demostrando así que o atractivo e a calidade do noso comercio vai máis alá do ámbito local.

Os premiados foron: José Lago (Dumbría), Belén González (Coristanco) e Lorena Palleiro (A Laracha). A entrega dos vales tivo lugar o pasado venres pola tarde, nun dos comercios asociados ao CCA.

A campaña desenvolveuse ao longo dos días previos á celebración do Día da Nai e contou coa participación de 38 establecementos, que repartiron máis de 5.000 papeletas entre a súa clientela. A diversidade da oferta comercial en Carballo —que abrangue desde moda, complementos e calzado ata beleza, libros, tecnoloxía ou alimentación— foi clave para atraer a consumidores/as de toda a comarca.

Desde o CCA queremos agradecer a participación e o apoio continuo dos consumidores e, por suposto, felicitar de novo aos premiados/as desta edición. E para quen non houbo sorte esta vez, lembrámoslles que moi pronto haberá novas campañas e oportunidades para gañar premios, sempre co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade. Vémonos nos nosos comercios!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.