Feira das Oportunidades 2018

Os días 10 e 11 de marzo volve a cita co comercio local. No Rego da Balsa será instalada a carpa que vai albergar unha nova edición da Feira de Oportunidades, un dos eventos de maior impacto organizados pola CCA Carballo, onde poderás atopar unha gran variedade de produtos de calidade con descontos de ata o 80%. Si, escoitaches ben! Poderás mercar un lote de produtos a prezos excepcionais: moda, deporte, zapatos, accesorios …

Coa renovación da imaxe, o CCA presenta este evento cunha chea de sorpresas. Haberá novos expositores, área de hostelería, espazo para a automoción e mesmo un concurso de  selfies con 200 euros en premios para as dúas imaxes con máis “Me Gusta”.

Tamén este ano, Radio Líder vai cubrir o evento para que non perdas ningún detalle do que vai pasar nesta nova edición da Feira.

Aquí tes unha lista de todas as tendas de expositores:

Interior

1 Alonso Moda
2 Deportes San Remo
3 Deportes Atmosfera Sport
4 Moda Suárez
5 Un paso máis
6 O Rastrillo
7 Coco Moda
8 Mundo Kid’s
9 Amar moda
10 O rincón de María
11 Benetton
12 Mímate
13 O barco dos soños
14 Zapatillería Isabel
15 Calzados Susa
16 Zapatiños
17 Retoños
18 DV
19 -15
20 O recreo animación
21 Segredos da area
22 Alma
23 A Fragua de Mo
24 Zocas
25 Bámbola
26 Radio Líder
27 mmm Xeados
28 Área de descanso
29 CCA Carballo

Exterior

30 Reneymar
31 Toyota
32 Citroen
33 JG Car
34 Rebelcars

Non o penses máis, nesta fin de semana tes unha cita. Ven con amigos e familiares, temos espazo para todos. Os nenos tamén terán a súa área específica para que poidan gozar o evento con obradoiros e animacións diferentes.

O local estará aberto de 10:00 a.m. a 9:00 p.m. e a entrada será de valde!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.