85 debuxos cargados de creatividade e solidariedade encheron este domingo o Mercado Municipal

Éxito de participación no Obradoiro Infantil Solidario de Postais de Nadal “Cada debuxo, conta!”

Nin o mal tempo logrou frear a ilusión e o compromiso dos nenos e nenas de Carballo, que, ao longo da mañá de onte, acudiron en goteo constante ao Mercado Municipal para participar no Obradoiro Infantil Solidario de Postais de Nadal “Cada debuxo, conta!”

Esta actividade, promovida polo Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo e a empresa carballesa Vázquez y Reino converteuse nunha fermosa xornada de creatividade e solidariedade en favor das vítimas da DINA.

A pesar das inclemencias meteorolóxicas, a cativada fixo gala dunha desbordante imaxinación, creando un total de 85 deseños únicos con motivos propios das datas que se aveciñan e tamén alusivos á DINA. Estes traballos, realizados co asesoramento e supervisión dos artistas locais Mon Lendoiro e Cristina Castro, que estiveron sempre atentos ás necesidades da cativada, reflectiron o gran potencial creativo e o compromiso social dos máis novos.

Ao remate do obradoiro, seleccionáronse mediante unha extracción ao azar seis deseños, que se reproducirán en formato postal para a súa venda nos comercios adheridos ao CCA, así como nas librarías e papelerías participantes, que cederon de maneira altruísta o material necesario para a actividade. A primeira edición contará con 6.000 unidades, e, no caso de esgotarse, realizarase unha nova edición con outros seis deseños, ampliando así o impacto desta iniciativa solidaria. Así mesmo, esta prevista a realización dunha exposición con todos os traballos para que a veciñanza poida contemplar a excelente canteira de artistas que existe no noso municipio.

O prezo simbólico de 1€ por postal permitirá que toda a recadación se destine integramente a apoiar ás vítimas afectadas pola DINA. Esta acción solidaria busca, ademais, sensibilizar á cativada sobre a importancia de axudar e colaborar, demostrando que cada pequeno xesto conta e pode marcar a diferenza.

Dende o CCA de Carballo, agradecemos a todas as familias que se achegaron, á cativada polos seus fermosos debuxos e ás empresas colaboradoras, que fixeron posible esta iniciativa coa súa achega desinteresada. Parabéns a todos polos vosos deseños e, sobre todo, pola vosa solidariedade!

As postais solidarias estarán dispoñibles a partir do mes de decembro. Anímate a colaborar e comparte a maxia do Nadal mentres axudas a quen máis o precisa!

Autor@s da 1ª edición: Valentina, Nico, Alicia, Martina, Ana e Mateo.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.