Zuccaro

Rúa Gran Vía, 46, 15100 Carballo, A Coruña

Obradoiro transparente de Cinnamon Rolls artesanais elaborados con fermentación lenta e en frío, o que lle confire un sabor e textura únicos, que fan que cada bocado sexa unha experiencia.

No seu espazo, totalmente transparente, podes ver todo o proceso de elaboración: desde a masa ata o rolo final, pasando por cada detalle coidado con mimo e moito esmero para que conectes non só co produto, senón tamén co proceso e co amor que lle poñen a cada creación.

Enfornan todos os días, garantindo frescura e calidade. Empregan ingredientes seleccionados, naturais e de primeira calidade. Coidan cada produto, do primeiro ao último bocado. O seus produtos estrela son:

Cinnamon Rolls de fermentación lenta e en frío, suaves e aromáticos.

Pizza cookie gigante, perfecta para compartir… ou non!

Cookies estilo Chewy, tenras por dentro e lixeiramente crocantes por fóra.

E se vés de lonxe, recomendámosche facer a túa reserva por Instagram para non perder ningún!

Luns e martes: 17.00 a 20.00h Mércores: Pechado
Xoves e venres: 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 20:30h
Sábados e domingos de feria: 11.00 a 14.00h

Outros negocios

Restaurante Albaroque

Rúa Gran Vía, 26, baixo, 15100 Carballo
981 971 143

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

Restaurante Albaroque

Rúa Gran Vía, 26, baixo, 15100 Carballo
981 971 143

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!