Teirón infantil

Rúa Valle Inclán, 9, baixo, 15100 Carballo, A Coruña

Teirón é unha tenda de surf e moda deportiva, nacida en 2006, froito da paixón polos deportes vinculados ao mar, á praia e á montaña.

Ao longo de case dúas décadas de traxectoria, evolucionou sen perder a súa esencia, ampliando a súa oferta para chegar a un público máis diverso e para toda a familia (liña infantil e adulto).

Na actualidade, combina marcas de calzado, téxtil e accesorios de estilo urbano con outras máis clásicas, ofrecendo unha proposta versátil e actual tanto na súa tenda física como na súa plataforma en liña.

Un dos piares fundamentais do proxecto é a súa marca propia Teirón, cuxo nome está inspirado nunha zona de rochas da praia de Razo, coñecida polas súas ondas e pola conexión entre mariñeiros e surfistas. Baixo o lema “Entre area e mar”, a marca desenvolve coleccións deseñadas entre Galicia e Portugal, apostando por prendas de calidade, duradeiras e cun enfoque sostible.

A produción realízase incorporando, na medida do posible, materiais orgánicos e procesos responsables, traballando con empresas que forman parte dun sistema de economía local e que garanten o respecto polos dereitos laborais.

Ademais, Teirón Surf mantén unha forte vinculación coa comunidade surf, apoiando a deportistas novos e colaborando con proxectos como campamentos e iniciativas de formación para diferentes idades e niveis.

Escoller Teirón é apostar por un comercio de proximidade que combina identidade, calidade e compromiso coa contorna, contribuíndo ao desenvolvemento da economía local.

Luns a venres:10:30-13:30h e de 17:00-20:30h

Sábado: 10:30-14:00h e de 17:00-20:30h

Domingos de feira: 11:00 - 14:00h

Outros negocios

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Federópticos Nicolás

Rúa Desiderio Varela, 4, baixo, 15100 Carballo
981 703 418
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!