Teirón home, surf & skate

Rúa Valle Inclán, 21, baixo, 15100 Carballo, A Coruña

Teirón Surf é unha tenda de surf e moda deportiva, nacida en 2006, froito da paixón polos deportes vinculados ao mar, á praia e á montaña.

Ao longo de case dúas décadas de traxectoria, evolucionou sen perder a súa esencia, ampliando a súa oferta para chegar a un público máis diverso e para toda a familia (liña infantil e adulto).

Na actualidade, combina marcas de calzado, téxtil e accesorios de estilo urbano con outras máis clásicas, ofrecendo unha proposta versátil e actual tanto na súa tenda física como na súa plataforma en liña.

Un dos piares fundamentais do proxecto é a súa marca propia Teirón, cuxo nome está inspirado nunha zona de rochas da praia de Razo, coñecida polas súas ondas e pola conexión entre mariñeiros e surfistas. Baixo o lema “Entre area e mar”, a marca desenvolve coleccións deseñadas entre Galicia e Portugal, apostando por prendas de calidade, duradeiras e cun enfoque sostible.

A produción realízase incorporando, na medida do posible, materiais orgánicos e procesos responsables, traballando con empresas que forman parte dun sistema de economía local e que garanten o respecto polos dereitos laborais.

Ademais, Teirón Surf mantén unha forte vinculación coa comunidade surf, apoiando a deportistas novos e colaborando con proxectos como campamentos e iniciativas de formación para diferentes idades e niveis.

Escoller Teirón Surf é apostar por un comercio de proximidade que combina identidade, calidade e compromiso coa contorna, contribuíndo ao desenvolvemento da economía local.

Luns a venres:10:30-13:30h e de 17:00-20:30h

Sábado: 10:30-14:00h e de 17:00-20:30h
Domingos de feira: 11:00 - 14:00h

Outros negocios

Asador Rio Sil

Rúa Rio Sil, 43, 15100 Carballo
981 700 478

Confecciones San Juan

Rúa Cervantes, 6, baixo, 15100 Carballo
981 701 053

Asador Rio Sil

Rúa Rio Sil, 43, 15100 Carballo
981 700 478

Confecciones San Juan

Rúa Cervantes, 6, baixo, 15100 Carballo
981 701 053

Atelier

Rúa Ponte, 16, 15100 Carballo
881121088
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!