Refugallo Zero

Rúa Gran Vía, 21, baixo (Ed. O Cedro), 15100 Carballo, A Coruña

Refugallo Zero xorde en 2021 dunha preocupación real por levar un estilo de vida máis sostible e da vontade de achegar á veciñanza unha alternativa de consumo responsable e respectuosa co medio ambiente, apostando por un modelo baseado na redución de residuos, especialmente do consumo de plásticos, ofrecendo produtos eco sostibles para o fogar e o coidado persoal, entre os que destacan artigos de limpeza para o fogar a granel, como deterxentes e suavizantes, así como outros de hixiene persoal envasados, seleccionados polo seu baixo impacto ambiental.

A súa oferta inclúe xabróns artesanais, champús, xeles, desodorantes, produtos de limpeza facial, así como artigos de hixiene persoal como cepillos, peites e manoplas, apostando sempre por opcións máis naturais, saudables e respectuosas co medio ambiente.

A filosofía de Refugallo Zero céntrase en promover un consumo consciente e responsable, facilitando pequenos cambios no día a día que contribúan a coidar do planeta, sen renunciar á calidade nin á proximidade co cliente.

Luns a xoves: 10:00 a 13:30h e de 17:00 a 20:00h
Venres, sábado e domingos de feira 10:00 a 13:30h

Outros negocios

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Federópticos Nicolás

Rúa Desiderio Varela, 4, baixo, 15100 Carballo
981 703 418
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!