Cafetería O Mercado

Rúa Gran Vía, s/n, baixo, Mercado Municipal, 15100 Carballo

Situada no corazón do Mercado Municipal de Carballo, a cafetaría O Mercado combina a tradición da praza de abastos cunha proposta renovada de hostalaría. Á fronte do establecemento están Francisco Manuel Fariña Villar e Mari Carmen Calvo Feal, profesionais con ampla experiencia no sector, que iniciaron esta nova etapa tras anos á fronte doutro coñecido negocio hostaleiro da vila.

O local foi renovado cunha decoración máis luminosa e actual, creando un ambiente agradable e acolledor para almorzar, facer unha pausa ao longo do día ou compartir un petisco. A súa aposta céntrase nun café de alta calidade, unha coidada oferta gastronómica e un servizo próximo e familiar.

Na súa carta atoparás almorzos, tapas e racións ideais para compartir, ademais de opcións para unha comida informal. Entre as súas especialidades destacan o raxo, os calamares e a tortilla, sen esquecer propostas tan populares como as hamburguesas e os sándwiches, pensadas para todos os gustos.

A súa excelente localización, entre a Praza do Concello, os xardíns e a Gran Vía, con acceso directo ao mercado, convértea nun lugar perfecto para facer un alto durante a compra diaria, desfrutar dun almorzo con calma, tomar o aperitivo ou reunirse con familia e amizades. Ademais, é un establecemento pet-friendly, polo que as mascotas tamén son benvidas.

Integrada nun espazo dinámico e cheo de vida, Cafetaría Mercado converteuse nun punto de encontro no centro de Carballo para quen busca un trato próximo, un bo café e unha oferta gastronómica sinxela, saborosa e de calidade.

Outros negocios

Restaurante Albaroque

Rúa Gran Vía, 26, baixo, 15100 Carballo
981 971 143

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

Restaurante Albaroque

Rúa Gran Vía, 26, baixo, 15100 Carballo
981 971 143

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!