Centro de estética e nutrición onde o benestar integral é a prioridade. Ofrecen unha coidada selección de complementos alimenticios, alimentación ecolóxica sen alérxenos e cosmética natural, pensados para coidar a saúde desde dentro e desde fóra.
Na área de estética, propoñen tratamentos faciais e corporais que respectan o equilibrio natural do corpo, empregando métodos e produtos eficaces pero non agresivos. Centro de beleza consciente, personalizada e sostible, adaptada ás necesidades de cada persoa.
Luns a venres:10.00 a 13.30h e de 17.00 a 20:30h
Sábados e domingos de feira: 10:30 a 14.00h








