Akira

Rúa Ponte, 6, 15100 Carballo, A Coruña

Akira naceu en 2012, tomando o seu nome dunha mascota moi especial que acompañaba ese momento vital e que acabou dando identidade á tenda. Dende entón,  converteuse nun espazo onde a moda se entende dunha forma tranquila, próxima e con intención.

A súa proposta baséase nun estilo natural e minimalista, pensado para mulleres reais, con vidas dinámicas e actuais, que buscan sentirse cómodas sen deixar de verse estilosas, apostando por prendas atemporais, cun sutil toque de tendencia, pero sempre priorizando aquelas pezas fondo de armario que perduran no tempo.

Seleccionan roupa ben deseñada, fácil de combinar e pensada para o día a día. Prendas versátiles que se adaptan a diferentes momentos e estilos, favorecendo unha forma de vestir máis consciente e funcional.

Traballan principalmente con marcas nórdicas (Pieces, Object, Noisy May e Vila) que comparten a súa filosofía: liñas limpas, tecidos cómodos e unha atención constante aos materiais e procesos de fabricación.

En Akira atoparás prendas que encaixen co teu corpo, o teu estilo e a túa forma de vivir. Porque vestir tamén é unha forma de coidarse.

De luns a venres: 10:30 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h
Sábados e domingos de feira: 11:00 a 14:00h

Outros negocios

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Federópticos Nicolás

Rúa Desiderio Varela, 4, baixo, 15100 Carballo
981 703 418
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!