Albaroque é un restaurante que aposta por unha cociña de produto con alma galega, na que a tradición combínase con pinceladas contemporáneas para ofrecer unha experiencia gastronómica chea de sabor.
A súa carta reúne unha ampla variedade de tapas e racións para compartir, con propostas como croquetas caseiras, croquetas veganas e sen glute, espinacas, nachos, polbo, zamburiñas, ensaladas ou chipiróns. Tamén conta cunha selección de pratos principais elaborados con materias primas de primeira calidade, entre os que destacan a croca, o bacallau, o entrecosto de vaca, o segredo de porco, as carrilleiras ou o chuletón de tenreira, ademais dunha atractiva variedade de sobremesas caseiras.
De mércores a venres ao mediodía, Albaroque ofrece un menú do día que cambia cada semana para adaptarse aos produtos de tempada e de mercado. A proposta inclúe diferentes opcións de primeiros e segundos pratos, incorporando tamén alternativas veganas e sen glute, para que todas as persoas poidan gozar da súa cociña.
O restaurante dispón dun espazo amplo e versátil, ideal para a celebración de ceas de empresa, aniversarios, bautizos, comuñóns, reunións familiares e encontros de grupo. Para estas ocasións elaboran menús personalizados, pratos para compartir e propostas adaptadas ás necesidades de cada celebración.
Ademais, o restaurante ofrece un servizo de catering, levando a súa filosofía gastronómica a eventos privados e profesionais. A súa oferta inclúe aperitivos, tapas, menús completos e propostas personalizadas, sempre coa mesma aposta polo produto galego, a calidade e unha cociña feita con mimo.
En Albaroque, cada prato nace do respecto polo produto, da creatividade e do desexo de converter cada comida nun momento para compartir.
Luns e martes: Pechado
Mércores: 12.00 a 17.00h
Xoves e venres: 12.00 a 17.00 e de 19.30 a 23.30h
Venres e sábado: 12.00 a 17.00 h e de 19.30 a 01.00h
Domingo: 12.00 a 18.00h












