Clínica dental Pico Blanco

Rúa Camiño Novo, 18-20, 1ºC, 15100 Carballo, A Coruña

A clínica dental Pico Blanco é un centro odontolóxico situado en Carballo que destaca por unha filosofía clara: poñer ao paciente no centro de todo. Desde 2012, o seu equipo traballa cun enfoque baseado na atención personalizada, a planificación individualizada de cada tratamento e a aplicación de técnicas minimamente invasivas que buscan o máximo benestar para cada persoa.

A clínica conta cun equipo multidisciplinar en formación continua, o que lles permite incorporar os últimos avances da odontoloxía e ofrecer un coidado integral da saúde bucodental, acompañando aos pacientes desde a primeira visita para garantir resultados seguros, predecibles e de alta calidade.

Un dos grandes valores do centro é a súa tecnoloxía dixital pioneira. Utilizan ferramentas de diagnóstico avanzado como imaxes en 3D e sistemas de prediagnóstico mediante intelixencia artificial, que posibilita que cada paciente conte cunha folla de ruta única facilitando tratamentos máis eficaces, seguros e con mellores resultados.

O centro ofrece odontoloxía especializada, con profesionais expertos en implantoloxía, ortodoncia e estética dental. Entre as súas vantaxes destacan tamén a primeira visita gratuíta con diagnóstico completo, plans de financiamento adaptados a cada paciente e unha atención próxima e sen présas.

Na clínica dental Pico Blanco traballan para que cada visita sexa unha experiencia positiva, coidando cada detalle e acompañando ao paciente en todo momento para lograr unha saúde bucodental óptima e unha sorriso saudable.

Horario de inverno:
Luns e martes: 9:30 a 17:30h
Mércores e xoves: 12:00 a 20:00h
Venres: 9:30 a 17:30h

Horario de verán:
Luns e martes: 9:30 a 17:30h
Mércores: 12:00 a 20:00h
Xoves e venres: 9:30 a 17:30h

Outros negocios

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Ceibo café de especialidade

Rúa Camiño Novo, 18, baixo, 15100 Carballo
613 978 923

HolaMOBI Carballo

Rúa Coruña, 3, baixo, 15100 Carballo
981 014 159

Federópticos Nicolás

Rúa Desiderio Varela, 4, baixo, 15100 Carballo
981 703 418
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!