O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

O I peKecrossfit Inclusivo, organizado polo CCA Carballo, acollerá o domingo 4 de xaneiro a 120 nenos e nenas na carpa situada na Praza do Concello, consolidándose como unha iniciativa pioneira no calendario do CCA que combina deporte, diversión, inclusión e solidariedade. A actividade, pensada para nenos e nenas menores de 12 anos, conta cun […]

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

Os primeiros encontros produciranse este sábado 20, a partir das 17.30 horas Carballo prepárase para vivir uns días cheos de ilusión, sorrisos e moita maxia. Tras a calorosa acollida do ano pasado, Papá Noel acudirá de novo á súa cita cos nenos e nenas da nosa vila, e faino acompañado dos seus inseparables elfos. Desde […]

Deporte e solidariedade no I peKecrossfit do CCA!

 Xa están abertas as inscricións para participar no I peKecrossfit Inclusivo, unha actividade pioneira que combina deporte, inclusión, solidariedade e diversión para comezar o ano con enerxía e con valores. O evento, impulsado polo CCA e patrocinado pola empresa de construción carballesa Vázquez y Reino en beneficio da asociación Un paso máis, celebrarase o domingo […]

O CCA acende a maxia do Nadal con máis luces, máis ilusión e máis premios

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo arrinca hoxe 5 a súa campaña de Nadal, unha proposta pensada para converter as rúas da vila nun espazo de encontro, emoción e solidariedade. Grazas á colaboración de empresas locais, asociacións e entidades públicas, a entidade apostará pola dinamización comercial e a creación de momentos compartidos en familia, reforzando […]

Entregadas as cinco tabletas ás gañadoras do sorteo de “A voltas co cole”

O pasado venres 3 de outubro, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo fixo entrega das cinco tabletas de 10 polgadas aos gañadores do sorteo celebrado o día 26 de setembro, no que participaron os 12 acertantes das cinco parellas do xogo “A voltas co cole”. A actividade desenvolveuse nas xornadas do 5 e do […]

Comeza a conta atrás para o gran xogo do CCA “A voltas co cole”

Esta mañá foi presentado o panel que albergará un divertido xogo de parellas ou dobres Esta mañá o Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo presentou ao gran protagonista da súa nova campaña “A voltas co cole”; un pasatempo familiar que busca dinamizar o comercio de proximidade e premiar á clientela que realiza as súas compras no […]

Andas a voltas co cole? Merca no CCA e ven xogar con nós

Os días 5 e 19 de setembro levarase a cabo na Praza do Concello o popular xogo de parellas con atractivos premios para as persoas participantes Pasado o ecuador do mes de agosto e co inicio do curso xa fixado no calendario, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo activa unha nova campaña destinada a […]