Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

A presidenta do CCA Carballo Silvana Rama foi a encargada de entregar os talonarios a José Miguel Veiga Garrido e Vanesa Cabeza Barca, mentres que un responsable de Vázquez y Reino, fixo o propio coa recadación solidaria do I peKecrossfit á entidade carballesa O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo fixo entrega na tarde de onte, […]
O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

O I peKecrossfit Inclusivo, organizado polo CCA Carballo, acollerá o domingo 4 de xaneiro a 120 nenos e nenas na carpa situada na Praza do Concello, consolidándose como unha iniciativa pioneira no calendario do CCA que combina deporte, diversión, inclusión e solidariedade. A actividade, pensada para nenos e nenas menores de 12 anos, conta cun […]
Deporte e solidariedade no I peKecrossfit do CCA!

Xa están abertas as inscricións para participar no I peKecrossfit Inclusivo, unha actividade pioneira que combina deporte, inclusión, solidariedade e diversión para comezar o ano con enerxía e con valores. O evento, impulsado polo CCA e patrocinado pola empresa de construción carballesa Vázquez y Reino en beneficio da asociación Un paso máis, celebrarase o domingo […]
Entregadas as cinco tabletas ás gañadoras do sorteo de “A voltas co cole”

O pasado venres 3 de outubro, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo fixo entrega das cinco tabletas de 10 polgadas aos gañadores do sorteo celebrado o día 26 de setembro, no que participaron os 12 acertantes das cinco parellas do xogo “A voltas co cole”. A actividade desenvolveuse nas xornadas do 5 e do […]
Tras o éxito da primeira xornada, este venres 19 chega a segunda cita de “A voltas co cole”

Ademais de artigos para o cole ou descontos en comercios, haberá entradas para o cine e as camas elásticas, sesións de surf, cheques-compra e o sorteo de cinco tabletas Tras o éxito acadado o pasado 5 de setembro, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo celebrará mañá, venres 19, a segunda entrega de A voltas […]
O MercaEdillo do CCA regresa a Carballo con descontos de ata o 80%

Será do 12 ao 14 de setembro na zona de Rego da Balsa Á vintena de casetas instaladas na feira sumaranse unha ducia de comercios máis desde os seus locais No Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo arrincamos o mes de setembro presentando unha nova edición do MercaEdillo, unha cita xa consolidada no calendario comercial […]
Comeza a conta atrás para o gran xogo do CCA “A voltas co cole”

Esta mañá foi presentado o panel que albergará un divertido xogo de parellas ou dobres Esta mañá o Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo presentou ao gran protagonista da súa nova campaña “A voltas co cole”; un pasatempo familiar que busca dinamizar o comercio de proximidade e premiar á clientela que realiza as súas compras no […]
O CCA súmase ao Black Friday repartindo cheques-compra entre os seus clientes para consumir este Nadal

As compras efectuadas o 29 e 30 deste mes participarán no sorteo de 2 cheques-compra de 200€ cada un para consumir durante a campaña de Nadal O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo participará un ano máis na campaña do Black Friday, ofrecendo a todos os seus clientes descontos especiais e vantaxes exclusivas durante a […]