Volve o Black Friday ao CCA con descontos especiais en 25 comercios asociados

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo súmase un ano máis á campaña do Black Friday, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro, cunha ampla oferta de descontos especiais e vantaxes exclusivas para toda a clientela. O obxectivo desta iniciativa é impulsar as vendas no comercio local e fomentar o apoio […]

Obradoiro de reciclaxe de plásticos e concienciación ambiental: diversión e aprendizaxe para os máis pequenos

O próximo 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas, o segundo andar do Mercado Municipal converterase nun espazo de aprendizaxe e creatividade grazas ao Obradoiro de reciclaxe de plástico e concienciación ambiental, unha actividade organizada polo CCA Carballo e patrocinada por Metalúrgica BB. Este obradoiro, impartido pola asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional […]