Entregados os cheques da campaña “Que rule, que rule!”

Cinco persoas foron premiadas con vales de 100 euros pola súa participación na iniciativa a prol do comercio local O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo fixo entrega o pasado venres dos cinco cheques-regalo da campaña “Que rule, que rule!”, celebrada o sábado 7 de xuño na Praza do Concello. O secretario da asociación, Sergio […]
A ruleta do CCA regresará o sábado 7 á Praza do Concello con máis de 1.300 premios directos

O sábado 7 de xuño, a Praza do Concello de Carballo volverá ser escenario dunha xornada chea de ilusión, premios e compromiso co comercio local. Chega unha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”, organizada polo Centro Comercial Aberto (CCA), que nesta ocasión logrou reunir a preto de 60 comercios participantes e o apoio […]
Volve “Que rule, que rule!” aos comercios do CCA

Desde o venres 23, por cada ticket de compra, os consumidores/as recibirán un boleto para participar na ruleta do sábado 7 A campaña máis esperada da primavera regresa un ano máis para premiar a fidelidade da clientela do comercio local. O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo pon en marcha o venres 23 unha nova edición, […]
Carballo acollerá a primeira edición de “BioSaúde”, un espazo de encontro para a saúde, o benestar e o respecto pola natureza

Os días 10 e 11 de maio, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo organizará a 1ª Feira Temática sobre “BioSaúde”, un evento pioneiro que poñerá o foco na promoción do consumo responsable, os hábitos saudables e o respecto polo medio ambiente, que foi presentado esta mañá na Casa do Concello, e contou coa presenza […]
O CCA de Carballo celebra o Día da Nai cun novo sorteo de 300 euros en premios para gastar no comercio local

O amor por unha nai non se mide, pero o vindeiro 4 de maio podes demostralo cun agasallo que tamén apoie ao comercio da túa vila. Se hai uns meses tocaba agasallar aos pais, agora é a quenda das nais. O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo presenta unha nova campaña para celebrar o Día […]
O CCA Carballo renova a súa Xunta Directiva nunha asemblea extraordinaria que reuniu a máis dunha trintena de socios e varias candidaturas

Por primeira vez na historia do Centro Comercial Aberto unha muller preside a entidade O pasado mércores 9 de abril, o restaurante Albaroque acolleu as asembleas ordinaria e extraordinaria de socios do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo. A xuntanza xeral ordinaria deu comezo ás 21:00 horas, en segunda convocatoria, co obxectivo de presentar o […]
O CCA fixo entrega de tres cheques por valor de 100€ aos gañadores do sorteo da campaña do Día do Pai

Os premiados, residentes en Carballo, recibiron de mans do presidente da entidade cadanseu vale para consumir nos máis de noventa establecementos adheridos O presidente do CCA, Carlos Cousillas, fixo entrega esta mesma mañá de tres cheques, valorados en 100 € cada un, aos gañadores da campaña posta en marcha hai uns días con motivo da […]
A Feira das Oportunidades regresa a Carballo do 7 ao 9 de marzo

Carballo prepárase para acoller a XVII edición da Feira das Oportunidades (FOP2025), que terá lugar do 7 ao 9 de marzo no recinto de Rego da Balsa. Coincidindo coa primeira xornada dominical de feira do mes, este evento xa consolidado converterase de novo no gran escaparate do comercio local para ofrecer produtos de calidade a […]
O CCA de Carballo recada 1.715 € para a reconstrución do comercio de Paiporta tras a DINA

Por outra banda, a entidade xa está ultimando os preparativos da nova edición da Feira das Oportunidades, que se celebrará do 7 ao 9 de marzo e contará coa participación de 30 expositores locais O pasado Nadal, Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo, en colaboración coa empresa carballesa Vázquez y Reino, levou a cabo unha […]
Namórate do teu comercio! A nova campaña do CCA co gallo do Día dos Namorados

Achégase o Día dos Namorados e no Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo abrimos o noso corazón (e as portas dos nosos asociados) para dar a coñecer “Namórate do teu comercio”, unha iniciativa que busca destacar as numerosas vantaxes de mercar no comercio local e fortalecer os lazos entre os nosos establecementos e a nosa […]