Arrinca a campaña Que rule, que rule! con máis de 1.000 premios, 59 comercios adheridos e moitas novidades

Do 10 de maio ao 1 de xuño, poderanse adquirir os boletos para ruleta que se instalará na Praza do Concello o

sábado 1 de xuño en horario de mañá e tarde.

Un ano máis, o CCA pon en marcha unha nova edición da campaña Que rule, que rule! e faino con máis premios, máis sorpresas e maior duración ca nunca para que a clientela do comercio local poida facerse con algúns dos máis de 20.000 boletos que se van distribuír.

Así, este ano a campaña desenvolverase do venres 10 de maio ao sábado 1 de xuño, ambos inclusive. Durante 21 días, os 59 establecementos participantes lucirán engalanados con elementos distintivos e facilitarán aos seus clientes/as un vale por cada compra realizada para probar sorte na ruleta, que permanecerá instalada na Praza do Concello o sábado 1 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Nesta quinta edición tamén haberá máis premios ca nunca! Máis de 1.000 agasallos directos, desde experiencias gastronómicas (almorzos, xantares, ceas, lotes de conservas, botellas de viño, pan, chocolate, café, cestas-sorpresa), xeados, ocio e benestar (sesión de piscina termal, clases de surf, pádel), vales de alimentación, bonos de saúde e hixiene (clínica dental…). Así mesmo, as persoas que non obteñan un regalo inmediato poderán participar no sorteo de 5 cheques por importe de 100 euros cada un para consumir en calquera dos preto de cen comercios asociados ao CCA.

Colaboración CCA-Rexenera Fest

Outra das novidades desta campaña virá da man dunha fermosa colaboración entre o CCA e a concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo con motivo do 10º aniversario do Rexenera Fest, o festival de arte pública de Carballo que cada ano reúne no municipio aos mellores artistas de arte urbano do panorama galego, estatal e internacional. Desde o CCA non quixemos deixar pasar por alto esta celebración, á que nos sumamos con gusto e orgullo para render a nosa particular homenaxe, levando as imaxes dalgúns dos murais máis célebres á nosa ruleta en forma de premios variados, de gran utilidade e deseño exclusivo. E moitas sorpresas máis que moi pronto desvelaremos!

Desde o CCA queremos agradecer unha vez máis a implicación e o apoio das empresas locais de hostalaría e comercio, da Fundación Luís Calvo, así como o patrocinio do Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Grazas tamén á clientela por continuar apostando polo comercio local “converténdoo nun dos motores da economía do noso municipio e referente de toda a comarca en calidade e variedade, capaz de cubrir as necesidades da veciñanza e xerar emprego estable e con garantías”.

LISTADO DE TENDAS PARTICIPANTES:

EXPERIENCIAS EN HOSTALERÍA E EMPRESAS COLABORADORAS:

AGASALLOS APORTADOS POLAS EMPRESAS COLABORADORAS: