O próximo sábado 27 de outubro de 2018 con horario de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.30h desenvolveremos unha xornada na que trinta e nove comercios do CCA Carballo terán as súas portas abertas con sorpresas, agasallos e sorteos preparados para a súa clientela. A esta actividade dentro dos comercios unirémoslle as rúas de Carballo cheas de festa e sorpresas baixo o lema O COMERCIO VAI DE FESTA,O noso comercio enche as rúas de Carballo.
A xornada amencerá coas rúas centrais e peonís de Carballo acollendo elementos de decoración cos que comezará un día cheo de sorpresas, estas continuarán coa chegada da compañía de Pablo Méndez Performances, que durante todo o día sorprenderá a grandes e pequenos coas súas intervencións nos comercios e nas rúas da vila.
Todas as actividades son agasallos para unha clientela á que queremos agradecer todo o seu apoio ó pequeno comercio nunha vila como a nosa cun Centro Comercial Aberto con calidade e variedade contrastada.
Listaxe dos comercios participantes:
- Star Center
- Adamela
- Atmósfera Sport
- Todo Lar
- Calvelo Regalo
- Alexi
- Dress
- Joyería Calvelo Seoane
- Deportes San Remo
- Mundo Kids
- Atelier
- Poppy
- Perfumerías Garrote
- Zocas
- Esprit
- mmm! Xeados
- -15
- Mímate
- Zapatería Esther
- Akira
- D&A Complementos
- Multióptica
- Zapatillería Isabel
- O rincón de María
- Tejanos.com
- O armario de Pati
- Alonso Moda
- A Fragua de Mó
- DV Carballo
- Para ti Cosméticos
- Amai Store
- Miriñaque
- Bambalina
- Sueño de Hadas
- Bámbola
- Style
- Retoños
- O Barco dos Soños
- Moda Suárez
O obxectivo da xornada é darlle contido a un evento no que a imaxe, a diversión e a comunicación do CCA Carballo encha as rúas da vila de clientela e comerciantes orgullosos e orgullosas dos seus establecementos e da actividade coa que agasallan a clientes, camiñantes, veciñas e veciños de Carballo, e da comarca que se acheguen a desfrutar co CCA.
Agardámoste !