O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

A cita do CCA Carballo celebrarase do 11 ao 13 de setembro en Rego da Balsa, con descontos de ata o 80%, 21 stands e 16 comercios que se suman desde os seus propios locais O MercaEdillo do CCA Carballo cambia o paso nesta edición. Por primeira vez desde o seu nacemento, a feira adianta […]
O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

A campaña, na que participan 22 comercios, converterá as compras realizadas ata o 18 de setembro nunha oportunidade para xogar e conseguir premios Tras a boa acollida e o elevado nivel de participación da súa primeira edición, o Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo recupera «A voltas co cole», unha campaña que converte as compras do […]
Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo puxo punto e final á campaña estival “O Prezo Xusto” cun desenlace que deixou unha anécdota difícil de igualar: María Canedo Velo converteuse na primeira participante en gañar dous dos catro premios postos en xogo, demostrando unha puntería extraordinaria á hora de calcular o valor dos escaparates virtuais creados […]
María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA Carballo fixo entrega este martes do terceiro cheque agasallo de 50 euros da campaña “O Prezo Xusto”, unha iniciativa que continúa a espertar un gran interese entre a clientela e os seguidores das redes sociais da entidade. Nesta ocasión, o premio volveu viaxar ata a parroquia carballesa de Razo, que parece confirmar que […]
O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

O gañador recibiu, de mans da vogal da entidade María Alonso, un cheque de 50 euros tras ser a persoa que máis se achegou ao valor real deste segundo escaparate O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo viaxou ata a localidade carballesa de Razo para facer entrega do segundo cheque agasallo de 50 euros da […]
María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA Carballo fixo entrega esta semana do primeiro cheque agasallo de 50 euros da campaña “O Prezo Xusto”, unha iniciativa que se desenvolve ao longo de todo o mes de xullo co dobre obxectivo de dinamizar as compras no comercio local e fidelizar a comunidade de seguidores do Centro Comercial Aberto nas redes sociais, […]
O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto (CCA) recupera este verán unha das súas iniciativas máis lembradas polos clientes, adaptándoa aos novos hábitos de consumo e comunicación. Baixo o nome de “O Prezo Xusto”, a entidade lanza unha campaña que se desenvolverá ao longo de todo o mes de xullo e que combinará entretemento, participación e premios para […]
O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

O pasado venres, a pista de xadrez da Praza do Concello foi novamente o escenario elixido polo Centro Comercial Aberto para facer entrega dos premios da campaña “Que rule, que rule”, celebrada o pasado sábado 6 de xuño nese mesmo emprazamento. No acto entregáronse os sete cheques sorteados entre as persoas participantes na campaña, resultando […]
A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

A iniciativa, que se celebrará o 6 de xuño na Praza do Concello, repartirá máis de 1.500 premios directos e sorteará catro cheques de 100 euros O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo ultima os preparativos para unha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”, unha das accións de dinamización comercial máis agardadas do […]
Volve a ruleta do CCA con máis de 1.500 premios e catro sorteos

Desde o pasado día 20, os sesenta e un comercios participantes entregarán os vales para participar na gran ruleta de premios que se celebrará o 6 de xuño na Praza do Concello O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo vén de poñer en marcha este mércores unha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”, unha […]