Castellano
> quen somos
> actividades
> contacto
> estudos
> novas
> álbume
> ofertas emprego
> demandas emprego
> faite socio
> guía de recursos
Atópanos no Facebook
CCA Carballo en Youtube

Financiado a través do Plan de Consolidación e Competitividade da PEME 2000-2006

Novas públicas

O Centro Comercial Aberto Carballo presenta unha tarxeta regalo.
Trátase dun vale por valor de 20, 30 ou 50 euros para regalar como agasallo e que se pode cambiar por un ou varios artigos dese importe.


O Centro Comercial Aberto Carballo pon en marcha unha tarxeta regalo coa que pretende facilitar as compras a aqueles clientes indecisos que non teñen claro cal é o agasallo adecuado.
A tarxeta existe con tres contías diferentes: 20 €, 30 € e 50 €. Deste xeito os cliente poden sumar tarxetas e obter a inversión axeitada a calquer momento ou ocasión segundo os seus desexos ou necesidades.
A tarxeta despáchase dentro dunha atractiva caixa que lle dá a presenza adecuada a un agasallo.
Este produto nace para completar outras acción promocionais desenvolvidas polo CCA Carballo e ten vocación de continuar no tempo de tal xeito que ao longo de todo o ano e con diferentes motivos está a disposición dos clientes que poderán solicitala nun bo número de establecementos asociados (perfectamente identificados) e canxeala por produtos ou servizos en multitude de establecementos carballeses.

# Enlace permanente a esta nova
Presentación no concello de Carballo >>
 

Por actividade
Por palabras
 
 
 
 
© by Abertal